Situada a carón
do mar, no centro do eixo atlántico
A Coruña-Vigo, cun clima temperado,
sen temperaturas extremas, e plana na maior
parte do seu tecido urbano, Vilagarcía
de Arousa é un lugar ideal para vivir.
Malia o seu reducido territorio (á
penas 50 quilómetros cadrados) e
poboación (arredor de 35.000 habitantes),
Vilagarcía conta, sen embargo, con
tódolos servicios propios
dunha cidade de maiores dimensións.
Así, Vilagarcía
conta con porto de interese xeral, delegación
da Axencia Tributaria, Capitanía
Marítima, dirección provincial
do Instituto Social da Mariña, Comisaría
de Policía, cuartel da Garda Civil,
Cámara de Comercio, Fundación
feiral, parque de bombeiros, xulgados, hospital
comarcal, estación do ferrocarril
e de autobuses, acceso directo á
autoestrada... Pero Vilagarcía dispón
tamén de auditorio municipal, sala
de exposicións, casa da cultura,
porto deportivo e praia -ambos con “bandeira
azul” da UE-, complexo polideportivo
con piscina, estadio de atletismo, dous
pavillóns de deportes e pistas de
tenis con herba artificial, máis
de 130.000 metros cadrados de zonas verdes
e “bandeira verde”
concedida ó seu desenvolvemento sostible
e ó coidado do medio ambiente.
Do mesmo xeito, en Vilagarcía é
posible acceder a tódolos
niveis educativos, dende a gardería
a tódalas especialidades do bacharelato,
dende a a escola de música (e pronto
conservatorio) á Escola Oficial de
Idiomas, dende as escolas taller ós
cursos de verán de varias universidades.
Todo o anterior, xunto coa forte aposta
do Concello polos servicios sociais,
da muller, da terceira idade e da xuventude,
e a humanización das rúas,
con peonalizacións e amplas zonas
verdes, converten a Vilagarcía nunha
cidade moderna, cómoda
e, por tradición, hospitalaria. En
definitiva, un lugar ideal para vivir.