A
zona comercial da cidade abarca dende o Pazo de Vista Alegre ata
a rotonda do Ramal, e comprende varias rúas e prazas peonais.
A oferta é abundante e moi variada. No campo da moda, conta
con comercios de gran tradición, tendas especializadas
en determinados estilos (surfer, hippie, hip-hop, etc.) e franquías
de marcas nacionais e internacionais. No ramo da alimentación,
hai representación das principais cadeas de alimentación
nacionais e internacionais, xunto a ultramarinos de atención
personalizada e tendas de “delicatessen”. O visitante
ten en Vilagarcía practicamente todo o que pode necesitar:
droguerías, ferreterías, papelerías, bazares,
ópticas, herboristerías, moblerías, florerías,
etc, etc. Moitos destes pequenos comercios pertencen á
asociación Zona Aberta, que nos últimos anos, e
en estreita colaboración co Concello, propiciou unha importante
renovación do comercio local e a realización de
suxestivas campañas publicitarias. Zona Aberta ofrece vantaxosas
condicións de compra ós clientes posuidores da tarxeta
da entidade.
Así
mesmo, Vilagarcía conta cun centro comercial emprazado
nas inmediacións do parque da Xunqueira, que abre de luns
a sábado, de 10 a 22 horas. Ademais dun hipermercado, no
interior hai bares e cafeterías, xunto a unha representación
de varios sectores comerciais: moda, fogar, regalo, coidado persoal,
artigos para o ocio e o tempo libre, etc. Os clientes dispoñen
de estacionamento subterráneo no propio edificio e facilidades
de acceso para os discapacitados físicos.