8. OCIO E DEPORTES
 4 ocio e deportes
 4 praias
 4 vela/piragüismo/remo
 4 submarinismo
 4 natación
 4 pesca
 4 caza
 4 golf
 4 ciclismo
 4 tenis
 4 eventos deportivos
 4 cines
 4 cibers

 

postal



 

 vela, piragüismo e remo

O porto deportivo de Vilagarcía é o máis importante da ría de Arousa e un dos máis destacados de toda Galicia. As súas instalacións contan co aval da Bandeira Azul da UE, que premia a calidade dos servicios; na actualidade, dispón de 450 prazas de amarre que chegarán a ser 800 nun futuro, edificio náutico con restaurante e área lúdica con bares, pubs e sete salas de cine.

A Ría de Arousa é un lugar único para a práctica dos deportes náuticos durante todo o ano, aínda que o verán sexa a época de máis actividade. As regatas forman xa parte da paisaxe mariña, xunto coas actividades de iniciación da vela que realizan os clubs da comarca.

O peirao de pasaxeiros é peonil, aínda que conta cun garda que permite o acceso para efectua-los labores de carga e descarga, tanto para os practicantes da vela como para a cafetería e a sede do Club de Mar do Liceo Casino, situadas no estremo do peirao.

En canto ó piragüismo e o remo, destaca a actividade do Liceo Casino e do Club de Remo Vilaxoán, ó que se engadirá nun futuro próximo, un Centro de Alto Rendemento de Vela, promovido pola Xunta de Galicia.
  • Federación Rexional Galega de Vela
    Peirao da Bouza, s/n – 36.208 Vigo
    Telf: 986 20 72 20 (escola) /23 71 16
    Fax: 986 20 01 10
  • Club de Mar do Liceo Casino de Vilagarcía
    Peirao de Pasaxeiros, s/n. Vilagarcía
    Telf: 986 50 50 84
  • Liceo Casino de Vilagarcía
    Rúa Castelao. Vilagarcía
    986 50 19 19.
  • Real Club de Regatas Galicia
    Avenida da Mariña, 74. Vilagarcía
    Telf: 986 50 01 23
    Fax: 986 50 84 14
  • Club de Remo Vilaxoán
    Confraría 16. Vilaxoán
    Teléfono: 986 50 61 36