8. OCIO E DEPORTES
 4 ocio e deportes
 4 praias
 4 vela/piragüismo/remo
 4 submarinismo
 4 natación
 4 pesca
 4 caza
 4 golf
 4 ciclismo
 4 tenis
 4 eventos deportivos
 4 cines
 4 cibers

 

postal



 

 pesca

A pesca no mar é a única modalidade deste deporte que se pode practicar no municipio de Vilagarcía. Os afeccionados teñen a posibilidade de practica-la pesca con caña nas dársenas do Carril e Vilaxoán, aínda que sen dúbida a opción máis atractiva é desprazarse uns centenares de metros no interior da ría para pescar dende algunha embarcación.

Para poder realizar esta actividade é preciso dispor de licencia, que se pode obter na delegación da Consellería de Pesca emprazada na Rosa, no Carril. Este título permite pescar durante todo o ano.

En canto á pesca no río, tamén se necesita licencia. O lugar máis preto para dedicarse a esta afección é o río Ulla, ó seu paso polo municipio de Catoira. A práctica está limitada a determinados períodos do ano.

A cita máis importante para os afeccionados á pesca no mar en Vilagarcía é o Open Santa Rita, que se disputa coincidindo con estas festas. Está organizado polo Liceo Casino, entidade que durante todo o ano prepara diversos campionatos sociais de pesca deportiva en mar e en río, clasificatorios para os provinciais.

Ademais, na Ría de Arousa pode practicarse tamén a pesca submarina, sempre coa imprescindible licencia. O Liceo Casino organiza competicións durante todo o ano. Destaca o Memorial Choni, que xa vai pola edición número 20.

  • Liceo Casino
    Rúa Castelao. Vilagarcía
    986 50 19 19