Vilagarcía
conta cunha piscina climatizada situada no complexo polideportivo
de Fontecarmoa. As instalacións constan de dous vasos:
o principal ten unhas dimensións de 25 metros de longo
por 12,5 de ancho, dividido en seis rúas. O secundario
está destinado ós máis pequenos. O horario
de apertura é de 8 a 23 horas, de luns a venres, e de 8
a 21 horas los sábados. Os domingos abre só pola
mañá, de 10 a 13.30 horas. As instalacións
pechan as súas portas durante o mes de agosto.
Ademais de utiliza-la piscina para a práctica da natación,
existe a posibilidade de asistir a clases deste deporte a cargo
de profesorado especializado, en horario de mañá
ou de tarde.
- Piscina Municipal de Vilagarcía
Complexo Polideportivo de Fontecarmoa
Telf: 986 51 27 13 / 986 51 27 16.