Vilagarcía
conta cunha longa tradición deportiva, que abarca case
tódolos campos. O Concello conta cun equipo de baloncesto
na Liga Feminina (AD Cortegada) e outro na Liga EBA masculina
(Inelga BBC), ademais dun club de fútbol feminino en Primeira
División (Atlética Arousana) e outro en Terceira
(Arousa SC), e un equipo de rugby, en Primeira División
(Os Ingleses). Se a esto se suman os demais equipos en diversas
categorías, non hai fin de semana na que os vilagarciáns
e os seus visitantes non poidan disfrutar de varias competicións
entre as que elixir. Pero, ademais, ó cabo do ano celébranse
tres eventos de transcendencia nacional.
Arousa Fútbol 7
Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín. Organizado
polo Arousa SC, iniciou a súa andaina en 1996. A élite
do fútbol base de España e Portugal pasou polo
campo municipal da Lomba, dende o Real Madrid ó Barcelona,
dende o Benfica ó Oporto ou o Boavista. Dispútase
na primeira fin de semana de xuño.
Vilagarcía Basket Cup
Torneo Internacional de Baloncesto Sub 20. Organizado polo Club
Baloncesto Vilagarcía, tamén comenzou en 1996.
Está considerado como un dos mellores torneos de Europa,
por algo por el pasaron o Real Madrid, Barcelona, Zalguiris
ou Cibona, ademais de equipos americanos, italianos, alemáns
e a maioría dos españois da Liga ACB. Celébrase
cada Semana Santa.
Memorial Michi Ares
Torneo infantil de tenis organizado polo Basket Base Club, en
memoria dun xove xogador. Comezou sendo de baloncesto para converterse
ó tenis no 2002. Dispútase no mes de setembro.