A
oferta de cine comercial de Vilagarcía céntrase
no Complexo Cinematográfico Gran Arousa, no porto deportivo,
con sete salas. A súa pertenza a unha empresa distribuidora
da Coruña garante que as estreas se realicen ó mesmo
tempo en Vilagarcía que nas grandes cidades de Galicia
e España.
Ademais, na localidade funciona un Cine Club, o C.C. Adega,
que programa ciclos durante os meses do inverno. As proxeccións
realízanse os xoves, ás 22.30 horas, nunha sala
do Complexo Cinematográfico Gran Arousa, no porto deportivo.
- Complexo Cinematográfico Gran Arousa
Porto Deportivo
Día do espectador, os xoves.
Teléfono: 986 56 59 30