Vilagarcía
e os seus arredores ofrecen numerosos atractivos para desprazarse
en bicicleta. A variedade de paisaxes e a proximidade relativa a
outros núcleos de poboación fan do ciclismo unha actividade
ideal para practicar no tempo libre. Na localidade funcionan catro
clubs ciclistas que periodicamente organizan marchas, rutas cicloturistas
e outras actividades para os afeccionados a este deporte. Para aquelas
persoas que non dispoñan de bicicleta propia, existe tamén
a posibilidade de alugar unha, servicio do que dispón o establecemento
Motobazar, na rúa Arcebispo Andrade.
Arousa en Bici
Armando Cotarelo Valledor, 4.
Teléfono: 986 50 38 00/ 986 51 23 11