Vilaxoán
celebra o sábado e domingo seguintes ó 16 de xullo
as festas do Carme. A procesión marítima é
o máis destacado dos actos relixiosos. Na vertente máis
lúdica, cabe cita-la celebración do festival “Vilaxoán
canta”, un certame no que os veciños fan gala das
súas dotes para o canto, formando unha multitudinaria coral.
Para que a festa sexa completa, non faltan as verbenas e actuacións
de grupos de gaitas e baile galego.
A segunda festa de Vilaxoán celébrase
rematado o verán. Trátase das celebracións
en honor á Virxe do Rosario, que dá nome á
confraría da vila. Os festexos teñen lugar o primeiro
domingo de outubro e pechan o ciclo festivo do verán en
Vilagarcía. Verbenas, actuacións da banda e exhibicións
folclóricas compoñen o programa festivo.