As celebracións para honrar a esta santa
italiana, da que se venera unha imaxe na igrexa-convento de Vista
Alegre, teñen lugar o 22 de maio (festivo local) e son
o estoupido de saída para a maratón lúdica
que durará ata setembro. Santa Rita de Casía goza
de gran devoción entre os vilagarciáns e os veciños
de todo O Salnés, que recorren á “avogada
dos imposibles” para que lles axude a resolve-los seus problemas.
As celebracións teñen marcado carácter relixioso:
dende moi temperán e durante todo o día se celebran
misas no templo ás que acoden centenares de fieles de toda
la comarca. Pola tarde, ten lugar unha multitudinaria procesión
que percorre as principais rúas da vila.
Unha
peculiaridade das festas de Santa Rita é o seu carácter
de romaría urbana. Nos arredores do recinto histórico-artístico
de Vista Alegre sitúanse numerosos postos de vendedores
de rosquillas, globos, larpeiradas, prendas de vestir e, por suposto,
as típicas “pulpeiras”. O ambiente festivo
complétase coa celebración de verbenas e a actuación
de charangas e grupos folclóricos.