A Fundación do mesmo nome, na que se integran 18 concellos
das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da
beira do Ulla, organiza cada ano unha peregrinación que
rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago
dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que,
segundo a tradición, foi conducido a Compostela. O remonte
realízase tódolos anos durante o mes de agosto,
e a saída realízase dende un dos municipios costeiros
da ría de Arousa. Concellos e outras institucións
poñen a disposición das persoas interesadas en participar
varias embarcacións, nas que o público en xeral
e as autoridades recorren o primeiro camiño de Santiago,
xa que non se trata de unha vía aberta polos peregrinos,
senón da orixinaria. Esta actividade vense realizando dende
o ano 1965.
A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, declarada
de interese cultural por parte da Xunta de Galicia, organiza paralelamente
diversas actividades, como charlas, conferencias, concursos literarios
e de investigación. Os fins da fundación son promove-los
valores do mar de Arousa e Ulla, no terreo artístico, cultural,
gastronómico, turístico, etc.