7. AS FESTAS
 4 Vilagarcía
 4 O carril
 4 Vilaxoán
 4 ruta xacobea
 4 festas gastronómicas
 4 festas populares

 

postal



 

 festas populares: festa dos maios
A Festa dos Maios celébrase o primeiro día do mes das flores. Recuperando unha tradición galega, que festexa nesa xornada a chegada do bo tempo, organízase unha competición na que se premian os mellores maios. Estes son composicións que se fan con flores, herba, fentos, froitas e ovos como materiais máis habituais, que se poden empregar en dúas clases de traballos: os tradicionais, en forma de cono de gran altura recuberto de vexetación, e os artísticos, que constitúen auténticas esculturas vexetais. A Festa dos Maios celébrase na mañá do día 1 de maio na Praza da Pescadería, e no concurso adoitan participar alumnos de case tódalas escolas do municipio, e tamén diversas asociacións culturais. A presentación dos maios acompáñase de letriñas alusivas ós acontecementos do último ano, que son interpretadas polos participantes.
 
 i  o entroido
 i  festa dos Maios
 i  as "uvas" 31/12