Disfrutar
da boa mesa utilizando como materia prima os productos da terra do
Salnés e o mar de Arousa é a razón que impulsa
ós organizadores das diversas festas gastronómicas que
teñen lugar en toda a comarca. En Vilagarcía celébranse
duas xoves aínda que xa consolidadas festas gastronómicas.
A Semana Micolóxica e a Festa da Ameixa, ás que hai
que engadir unhas xornadas de exaltación do viño albariño
artesanal.