O
Entroido, festa de fondas raíces no mundo católico,
ofrece por unhas horas a oportunidade de transgredi-la orde social
e divertirse sen trabas, transformando á muller adulta
en bailarina tropical, ó home en colexiala, á rapaza
en gángster ou ó rapaz en troglodita. A pesar de
que cada ano son máis habituais os disfraces moi traballados,
no fai falla máis que roupa vella ou prestada e algo de
imaxinación para participar na festa, converténdose
nun choqueiro. Ó lado destes disfraces improvisados, participan
nos desfiles grupos de elaborados atuendos e coreografías,
que invisten meses en prepararse para a festa.
Vilagarcía é unha das cidades da comarca que vive
o Entroido máis intensamente. Ademais do concurso de disfraces,
con premios en varias categorías, celébrase outro
de comparsas. Estas distínguense polas súas letriñas,
nas que, con moito humor, faise un repaso dos feitos máis
destacados do último ano.
O
Entroido comenza en Vilagarcía o sábado de Entroido
e conclúe sete días despois, o sábado de
Piñata. O domingo de Entroido ten lugar o festival de comparsas
e o martes seguinte o de disfraces, con premios en categoría
individual, por parellas e por grupos. Moitos establecementos
do municipio pechan as súas portas esta tarde para poder
participar da festa. Outro acto destacado é o popular Enterro
da Sardiña, que ten lugar o Mércores de Cinza; trátase
da parodia dun cortexo fúnebre, no que veciños de
Vilaxoán acompañan á difunta sardiña
ata Vilagarcía, onde rezan as pertinentes oracións
antes de que a comitiva fúnebre a conduza á súa
eterna morada, en Vilaxoán. Pero as festas se prolongan
habitualmente e á marxe do programa uns días máis,
ata que o sábado de Piñata se gardan los disfraces,
as máscaras e o espírito festivo e vacilón...
ata o ano seguinte.