7. AS FESTAS
 4 Vilagarcía
 4 O carril
 4 Vilaxoán
 4 ruta xacobea
 4 festas gastronómicas
 4 festas populares

 

postal



 

 festas gastronómicas: festa da ameixa
O bivalvo máis identificativo da localidade mariñeira do Carril é o protagonista desta festa gastronómica que se celebra na segunda quincena de agosto. Durante unha fin de semana pode degustarse a ameixa criada nos areais do Carril nas máis variadas preparacións e acompañada de viño albariño. Os aficionados á cociña teñen tamén oportunidade de participar nun concurso no que se premian as mellores receitas coa ameixa como ingrediente principal. Paralelamente, celébranse exposicións, concertos e bailes populares. A Festa da Ameixa celébrase dende o ano 92, co obxectivo de potencia-lo consumo deste marisco, de calidade e fama recoñecidas en toda España.
 
 i  festa da ameixa
 i  mostra do Alvariño
 i  semana micolóxica