As
festas son unha das mellores ocasións para comproba-lo
carácter aberto e hospitalario dos vilagarciáns.
Ademais da romaría de Santa Rita e das festas patronais
de San Roque, o calendario de verán sinala moitas datas,
correspondentes ás de cada parroquia ou barrio do municipio.
De feito, dende primeiros de xuño e ata finais de setembro
é practicamente imposible encontrar unha fin de semana
na que non se oian orquestras, gaitas e bombas de palenque, sen
esquece-los actos relixiosos orixe das celebracións.