A
capital do municipio tampouco é allea ó bo comer.
Mariscos e pescados son un ingrediente esencial en calquera comida
que se prece e a especialidade da maior parte de locais, pero
non hai que desdeña-las outras posibilidades que o menú
nos ofrece.
Altamira:
É un establecemento moi completo, onde se poden tomar tanto
carnes coma mariscos e pescados nun ambiente acolledor e agradable.
Dispón de aparcamento propio.
Ande, 46. Rubiáns. 986 50 53 00
O fogón da ría:
Localizado nunha antiga propiedade rústica, ten varios
comedores e unha ampla zona verde. Destacan as súas receitas
con pescados e mariscos como ingredientes principais.
Fontecarmoa, s/n. 986 50 79 62
Pequeño bar:
Lubina, abadexo, rape ou salmonetes son algunhas das propostas
que incorpora o menú deste pequeno restaurante. Dispón
dunha agradable terraza na Alameda.
Avenida da Mariña, 44. 986 50 10 82.
La Tasca de la Marina:
Un singular edificio de madeira, construído sobre pilotes
na dársena do porto deportivo, acolle este bar e restaurante
que conta con menú á carta e do día. Ó
longo do ano organizan varias xornadas gastronómicas.
Porto Deportivo, s/n.
Restaurante Pazo O Lagar
Teléfono: 986 506 874.
Fax: 986 509 465.