6. ONDE COMER
 4 comer en Vilagarcía
 4 restaurant./ marisq.
 4 asadores
 4 mesóns/casas comidas
 4 cociña italiana/pizzas
 4 cociña chinesa
 4 comida turca
 4 comida rápida
 4 comida a domicilio
 4 tapeo

 

postal



 

 restaurantes e mariquerías: Carril

É sen dúbida a capital do bo comer en Vilagarcía, ou alomenos, a zona con máis fama. As ameixas son aquí un manxar case obrigado. Pero hai moitos outros pratos, todos con unha característica común: a calidade da materia prima e a esmerada preparación.

Casa Bóveda:
Ofrece alta cociña entre a que destacan os pescados, mariscos e moi especialmente, o arroz con bogavante, o rape guisado e as sobremesas caseiras. Mariña, 2. Carril. 986 51 12 04

Cortegada:
A súa carta, ademais de carnes, inclúe receitas como as ameixas ó albariño o rodaballo en salsa especial, que se poden tomar na ampla terraza, con vistas ó mar.
Praza da Liberdade, 5. Carril. 986 50 10 80

Furruxa:
A súa cociña baséase nos mariscos e pescados, preparados con arroz ou en cazolas. Ten tamén unha ampla selección de repostería caseira, na que destacan as tartas.
Praza da Alameda, 4. Carril. 986 51 27 13

Galloufa:
As ameixas con polbo e angulas, receita gañadora na Festa da Ameixa, é unha das súas especialidades, xunto con mariscos e pescados. A partir de outubro ofrece pratos de caza.
Praza da Liberdade, 3. Carril. 986 50 87 46

Gran Sol:
Establecemento pequeno e familiar, centra a súa oferta nos pescados e mariscos, con especialidades como o arroz caldoso de mariscos.
Mariña, s/n. Carril. 986 50 08 94

Loliña:
Este amplo restaurante aparece en prestixiosas guías de turismo internacionais. Ofrece mariscos, pescados e como non, ameixas do Carril en varias preparacións.
Alameda, 1. Carril. 986 50 12 81

Luchana:
Pequeno restaurante, acolledor e decorado en estilo tradicional. Está especializado en pratos de pescados e mariscos; a estrela do seu menú é o arroz con ameixas.
Marina, 4. Carril. 986 51 06 21

 
 i  Carril
 i  Vilaxoán
 i  Vilagarcía