6. ONDE COMER
 4 comer en Vilagarcía
 4 restaurant./ marisq.
 4 asadores
 4 mesóns/casas comidas
 4 cociña italiana/pizzas
 4 cociña chinesa
 4 comida turca
 4 comida rápida
 4 comida a domicilio
 4 tapeo

 

postal



 

 comida rápida

Aínda que poda parecer estraño, algúns non se resisten ó atractivo da comida rápida nin sequera nas Rías Baixas. Para eles, ou para os que queren economizar empezando polo estómago, hai unha ampla oferta de hamburgueserías e bocaterías, moitas das cales ofrecen tamén unha selección de pratos combinados.

Mc’Donalds:

A multinacional da hamburguesa conta cun establecemento en Vilagarcía con zona de xogos infantís e McAuto, un servicio que permite encargar e recolle-las hamburguesas sen saír do coche.
Porto Deportivo, s/n.

Xardín:
Ademais de hamburguesas, a súa oferta inclúe pratos combinados e varias pizzas. O local , moderno e acolledor, conta cunha terraza moi tranquila.
Arcebispo Xelmírez, 7. 986 50 09 07

Bavaria:
Hamburguesería e bocatería con prezos moi competitivos. Ten unha clientela moi fiel -sobre todo traballadores- que aproveita as súas preparacións sinxelas e económicas.
Alejandro Cerecedo, 21. 986 50 20 07

Ceibe:
Sinxela hamburguesería na que tamén se poden degustar bocadillos e “perritos” quentes, que se poden encargar para levar.
Edelmiro Trillo, 1. 986 50 08 71

Picadilly:
Hamburguesas con diversos acompañamentos, sándwichs e “perritos” quentes compoñen a oferta deste local, moi frecuentado por xoves as fines de semana.
Ramón y Cajal, 3. 986 50 71 87

Tauro:
Establecemento que, ademais das hamburguesas, inclúe os pratos combinados e pizzas na súa carta. Moi espacioso e tranquilo.
Alejandro Cerecedo, 8 (Galerías de Gallego). 986 50 58 81

Khudum Khudum:
Este moderno establecemento, situado xunto ó parque da Xunqueira e o Centro Comercial, inclúe na súa oferta hamburguesas, gofres, bocadillos, xeados, pratos do día, etcétera.
García Lorca. 986 50 34 65