Non
todo vai ser comida para as ocasións, sobre todo cando
un se despraza co coche cargado coa familia e a carteira non está
proporcionalmente avultada. Nese caso, é mellor acudir
a calquera dos múltiples mesóns e casas de comida
que, en calquera punto do casco urbano ou nas parroquias do rural,
ofrecen comida caseira, saborosa e sen complicacións, a
moi bo prezo.
A taberna do Carril (Farturas):
O alcume do local débese ó abundante das súas
racións. Serve dende zorza e pementos de Padrón
ata mariscos. Convén reservar.
Xalda, 3. Carril. 986 50 78 76
Abuelo Ramiro:
Dedicado sobre todo ós pescadiños fritidos, polbo
e choquiños. É o local de reunión da peña
celtista de Vilagarcía “Os Celtauros”.
Preguntoiro, 29. Vilaxoán. 986 50 70 84
Bodegón El Mesón:
Céntrico mesón no que se poden tomar variedade de
tapas (tortillas, embutidos, etc) o saborear do menú do
día, seleccionando entre varios pratos.
Arapiles, 3. 986 50 00 43
Casa Manolo:
Establecemento de comida familiar, no que se poden degusta-los
pratos máis típicos da cociña do país
nun variado menú do día.
Concepción Arenal, 16. 986 50 24 52
Gaviota:
Este establecemento familiar e de comidas caseiras presenta varios
menús do día entre os que os clientes –traballadores
e familias– poden elixir.
Avenida de Cambados, 152. 986 50 20 69
Las Arenas:
Cociña caseira e variada nesta casa de comidas que ofrece
habitualmente un menú do día con tres ou catro primeiros
e segundos pratos para escoller.
Concepción Arenal, 18. 986 50 27 00
Marisquería Arosa:
Marisquería popular na que se poden degustar polbo, nécoras
ou pescadiños, entre outros productos. Decoración
sinxela e ambiente agradable.
Avenida Doutor Tourón, 45. 986 50 49 66
O Forno:
Casa de comidas na que se poden degustar dende luras ata tenreira
asada, churrasco ou pescada á brasa, todo cociñado
nun estilo moi caseiro.
Pablo Iglesias, 6. 986 50 03 78
Pulpería Suso:
Casa de comidas de ambiente familiar. Mentres se degusta a cociña
caseira, na que destacan o polbo e os pescados, pode verse o mar
de Arousa a través das súas cristaleiras.
Avenida Rosalía de Castro, 117. 986 50 48 16
La Goleta:
Mesón restaurante especializado en mariscos e pescados.
Raia, pescada ou ameixas son só algunhas das suxestións
de súa carta. Os xoves preparan tamén un cocido
completo.
Avenida da Marina, 80. 986 51 12 04
Manú:
Privilexiada localización para este mesón, un excelente
complemento á oferta de pubs e bares do porto deportivo.
Os clientes poden ve-los barcos atracados na dársena mentres
degustan calquera das especialidades da súa carta
Porto Deportivo, s/n.