RÚA DE MÉNDEZ NÚÑEZ/ROMERO
ORTIZ
continuación da anterior
La Parra: A vide é o motivo central
da decoración deste bar de viños, con moitas e
variadas tapas, frías e quentes. A súa terraza
é unha das de máis ambiente nas noites de verán.
Miúdo: Non tan pequeno como o seu
nome podería dar a entender, é un bar para tomar
un viño o unha cervexa en agradable compañía.
No piso superior dispón de varios xogos de mesa.
La Taberna de Moe´s: Clientela de
tódalas edades visita este local, onde se pode degustar
unha ampla variedade de viños e cervexas. Conta cunha
agradable terraza onde esquece-la calor no verán.
Derby: Mesón de tapas tradicionais
entre as que se serven luras, chipiróns ou ostras, ademais
de carnes. Atractiva terraza con toneis en lugar de mesas, ó
igual que no interior.
O Pernil: A un paso do anterior, na rúa
Castor Sánchez, o establecemento mantén a decoración
e o ambiente das bodegas de hai 50 anos, o cal é parte
do seu encanto. Na oferta de tapas destaca o xamón.