Os Arcos: Amplo e agradable local, decorado
con cadros do pintor arousán Xurxo Alonso. Dispón
dunha terraza pechada, ideal para as noites de verán.
Tapas frías e boa selección de viños.
Ya’ser: Bar de decoración sinxela,
é un bo lugar para descansar e repoñer forzas
durante a noite, xa sexa dentro ou na terraza, coas máis
diversas tapas, bocadillos ou hamburguesas.
Barrantes: Tapas e bocadillos quentes (luras,
xamón asado, pementos de Padrón, etc.) nun local
sinxelo e agradable para unha comida rápida. A súa
clientela é fiel e moi asidua.