Os amantes da comida internacional tamén teñen
alternativas en Vilagarcía. Varios restaurantes italianos
ofrecen menús a base de pizza e pasta, moitos deles con
servicio a domicilio. As opcións van dende a cociña
“en serie” das cadeas nacionais de pizzerías
á preparación case artesanal dos restaurantes familiares.
Don Genaro:
A súa oferta de comida italiana vai máis alá
da pizza ou o espaguete, para incluír outras preparacións
menos coñecidas, entre as que destacan as ensaladas. Ten
tamén menú do día.
Avenida Doutor Tourón, 17. 986 50 83 61
Da’Pino:
Restaurante italiano cunha ampla oferta, na que destacan as pastas
en múltiples preparacións. Ofrece ademais ensaladas
diversas, carnes, pescados e como non, pizzas, que se poden acompañar
cun xenuíno viño italiano.
Paseo Costa Cándamo, s/n. Teléfono: 986 50 68 56
La Luna:
Ofrece ademais de pizzas totalmente caseiras, receitas italianas
como pasta e lasaña. As súas amplas cristaleiras
permiten observa-lo traballo da cociña dende a rúa.
Alcalde Rey Daviña, 37. 986 50 47 31
Mare Bello:
Propón unha cociña italiana baseada na
pizza, a pasta e a carne, con receitas como os “escalopines”
en salsa. Ten menú do día.
Avenida Rosalía de Castro, 124. 986 50 56 43
Telepizza:
Este establecemento, pertencente a unha cadea nacional, ofrece
ademais de pizzas, bocadillos, aliñas de polo o pans de
allo.
Praza Ravella, 24. 986 50 36 00
Pizza Móvil:
Ofrece diferentes clases de pizzas con ingredientes a elixir e
as súas propias especialidades. É o lugar perfecto
para carga-las pilas nun día de compras.
Centro comercial Arousa, segundo andar. 986 56 53 99