6. ONDE COMER
 4 comer en Vilagarcía
 4 restaurant./ marisq.
 4 asadores
 4 mesóns/casas comidas
 4 cociña italiana/pizzas
 4 cociña chinesa
 4 comida turca
 4 comida rápida
 4 comida a domicilio
 4 tapeo

 

postal



 

 tapeo

ZONA DO CASTRO / A BALDOSA

  • Castro: Bodega frecuentada principalmente por xoves, con tapas económicas, viños e cervexas. Ó fondo ten un patio sombreado con algunhas mesas, para gozar das noites de bo tempo.
  • Mareas vivas: Como o seu nome indica, local de inspiración mariñeira na cociña. Comida sinxela e viños do país, para tomar unhas “chiquitas” en agradable compañía. Abarrotado nos días de mercado.
  • Curruncho: Decorado nun estilo vagamente andaluz, é un lugar luminoso e agradable, con boas tapas e viños. Xoves e maiores disfrutan aquí xuntos do pracer de tomar unhas cuncas.
  • Bar Suízo: Chamado como o famoso bar televisivo, este establecemento ofrece diversas tapas a base de marisco, pescado e carnes, sempre ben acompañadas con viños galegos.
  • Tablizo: Local de agradable decoración en madeira, luminoso e funcional, dá a dúas rúas peonais e dispón de dous ambientes diferenciados. Ofrece unha selección de tapas de cociña caseira.
  • Insuíña: O mar é o protagonista no local, tanto nas tapas (os mexillóns son unha das máis habituais) como nas paredes, que incluén fotos da superficie mariña a gran tamaño.
  • Xesteira: A asociación Lar Pro Saúde Mental ofrece unha saída laboral ós seus pacientes por medio deste local, de ecoración en pedra e madeira. As tapas e racións son únicas polo orixinal.
  • Petisco: Este bar, moderno e luminoso, é un excelente lugar para non perder detalle do que ocorre en Vilagarcía, tomando viño mentres se ve a vida dende a súa terraza ou a través da súa ampla cristaleira.
  • Casa Román: Local de reducidas dimensións, compensa a falla de espacio interior cunha terraza moi coqueta, de cadeiras e mesas rústicas de madeira. Tapas sinxelas e sabrosas.
  • Xentes: Bar de tapas, pero sobre todo de viños, é frecuentado por un público heteroxéneo. Decorado con sinxeleza, a súa terraza de altas mesas é das máis exitosas de Vilagarcía.


 
 i  Castro/A baldosa
 i  Juan García
 i  Méndez Núñez/R. Ortiz
 i  Avenida da Mariña