A
excelente calidade da materia prima, as receitas que saben extrae-lo
mellor de cada producto sen desvirtua-la súa esencia, e
unha cociña feita con cariño e dedicación
son as bases da gastronomía vilagarciá. Agora ben,
non todo é comida tradicional, xa que no faltan exemplos
de locais especializados en comida italiana, chinesa, arxentina
ou, simplemente, rápida.
A proposta que se presenta a continuación non pretende
ser exhaustiva, senón simplemente servir de guía
para quen se achegue a Vilagarcía e, por unha circunstancia
ou outra, teña que escoller un lugar para comer.