4. PARA COÑECELA
 4 coñecer Vilagarcía
 4 miradoiros
 4 monumentos
 4 parques e xardíns
 4 o porto/paseo marítimo
 4 rutas de sendeirismo
 4 ruta dos pazos
 4 ruta do viño
 4 rutas marítimas
 4 exposicións
 4 festivais
 4 feiras e concursos

 

postal



 

 rutas marítimas

Meterse na ría de Arousa é fundamental para chegar a coñecer Vilagarcía. Dende os seus inicios, o pobo estivo moi vinculado ó mar e ás actividades marítimo-pesqueiras. A presencia dos “fomentadores” cataláns que, durante o século XVIII, asentaron no municipio para establece-las primeiras industrias de salgado aproveitando as favorables condicións do seu porto e a riqueza do seu litoral, supuxo o xerme do desenvolvemento da industria conserveira galega. Este feito contribuíu a impulsar decisivamente o crecemento da cidade. A vinculación de Vilagarcía co mar intensificouse nos últimos anos do século XIX e principios do XX, gracias ó tráfico marítimo con ultramar a través do porto do Carril.

Para coñecer mellor o mar de Arousa (tanto na superficie como no fondo) nos últimos anos xurdiron diversas iniciativas de carácter privado que permiten descubri-la ría.

Ruta Xacobea Marítimo Fluvial

  • Lugar de saída: peirao do Grove
  • Hora de saída: Segundo mareas, consultar diariamente.
  • Datas: Xullo e agosto. En temporada baixa, pódense contratar recorridos para grupos organizados.
  • Ruta: O Grove-Padrón, aínda que a empresa pode recoller pasaxeiros no peirao de Vilaxoán (Vilagarcía) se se solicita por parte dun grupo.
    A ruta permite gozar das excelentes panorámicas da ría de Arousa, onde ademais da beleza natural destaca a presencia de cruceiros, polos que se realiza un vía crucis acuático. Segundo a lenda, este é o recorrido que realizaron os discípulos do Apóstolo Santiago que levaron o seu cadáver a Compostela, tras unha longa viaxe dende Palestina.
  • Duración do recorrido: 2 horas e 15 minutos, aínda que a excursión pode prolongarse durante catro horas cunha excursión turística por Padrón e as localidades da beira sur da ría.
  • Prazas: 100-130
  • Empresa: Cruceiros do Ulla. Turimares
    Teléfono: 608 08 94 58

Cruceiros pola ría de Arousa

  • Lugar de saída: a elección do usuario
  • A duración do recorrido, a ruta e o horario fixaraos o propio interesado.
  • Prazas: 100-130.
  • Empresa: Cruceiros do Ulla. Turimares
    Teléfono. 608 08 94 58