Esta
ruta constitúe a mellor opción para os visitantes
que desexen afondar na cultura do viño, e máis concretamente,
na do albariño. Esta é unha das ofertas culturais
máis desenvolvidas no Salnés, a subzona da Denominación
de Orixe Rías Baixas que aglutina a maior superficie de
cultivo, producción e número de bodegas, e que é,
ademais, o berce do propio albariño.
A ruta do viño Rías Baixas, pioneira en España
pola su organización e sinalización, permite ó
turista visitar varias bodegas da comarca de moi diverso carácter:
familiares, cooperativas de gran tamaño, urbanas, históricas,
artesanais...
En todas elas poderá degusta-lo viño, tamén
as súas augardentes, e coñecer directamente por
boca dos productores como se transforma a dourada e delicada uva
albariña nun caldo delicioso, que alegra o padal e o corazón.
O traballo dos viticultores do Salnés (entre eles, os de
Vilagarcía) puxo ó viño albariño á
cabeza dos brancos do mundo, facéndoo merecedor de innumerables
galardóns nas feiras e concursos do viño máis
prestixiosas. Esta realidade pode coñecerse por medio dunha
ruta na que se integran unha trintena de bodegas de tódolos
municipios da subzona de O Salnés.