Edificado
no século XVIII sobre unha torre do século XV, foi
solar dos Caamaño, fundadores de Vilagarcía. O máis
destacable é o seu xardín, no que sobresaen as magnolias,
as sesenta variedades de camelias e algúns dos eucaliptos
máis vellos de Galicia. En canto á casa, trátase
dunha construcción de planta regular con gárgolas
nas cornixas e varios escudos.