Localizado
en Vilaxoán, o pazo foi construído no século
XVI por Xoán Daval e María Pérez de Leiro,
fundadores do convento de Cambados. Logo pertenceu ós marqueses
de Casa Pardiñas. Como o de Vistalegre é tamén
un pazo urbano. Destacan a súa torre principal e a balconada
voada sobre canzorros de grandes dimensións.