4. PARA COÑECELA
 4 coñecer Vilagarcía
 4 miradoiros
 4 monumentos
 4 parques e xardíns
 4 o porto/paseo marítimo
 4 rutas de sendeirismo
 4 ruta dos pazos
 4 ruta do viño
 4 rutas marítimas
 4 exposicións
 4 festivais
 4 feiras e concursos

 

postal



 

 o porto e o paseo marítimo
Como cidade que naceu cunha clara vocación marítima, a visita ó Porto é case obrigada unha vez chegados a Vilagarcía. Dende o Peirao de Pasaxeiros, ó que se accede por unha avenida recentemente peonalizada, pode apreciarse o porto comercial en toda a súa extensión, pero tamén, cara ó Norte, o porto deportivo, cos seus preto de cincocentos amarres, que o converten nun dos mellores de Galicia, e, ó fondo, as praias da Concha e Compostela. O porto deportivo conta cun rechamante edificio náutico, construído en madeira e sobre o mar, e unha zona de recreo con restaurantes, pubs e sete salas de cine.

Como continuación da área lúdica do porto deportivo, o visitante poderá disfrutar do paseo marítimo, que cunha lonxitude próxima ós dous quilómetros, une as vilas de Vilagarcía e O Carril seguindo o litoral. A medio camiño, o Centro de Atención ó Visitante (un edificio construído sobre a praia) ofrecerá ó viaxeiro toda información precisa acerca de Vilagarcía e a súa comarca.