4. PARA COÑECELA
 4 coñecer Vilagarcía
 4 miradoiros
 4 monumentos
 4 parques e xardíns
 4 o porto/paseo marítimo
 4 rutas de sendeirismo
 4 ruta dos pazos
 4 ruta do viño
 4 rutas marítimas
 4 exposicións
 4 festivais
 4 feiras e concursos

 

postal



 

 monumentos

As orixes de Vilagarcía remóntanse a mediados do século XV, cando o fidalgo García de Caamaño outorga unha franquía ós “moradores et probadores” do que define como “meu porto e lugar”. Aquelas primeiras vivendas construíronse na zona do Castro, xerme do que hoxe coñecemos como Vilagarcía de Arousa. Sen embargo, o poboamento do municipio remóntase a moitos séculos antes. Os petroglifos dos Ballotes, representacións de arte rupestre gravados na rocha, son os vestixios máis importantes (segundo milenio a. de C.). As figuras representadas nos Ballotes inclúen tres cervos en movemento; outros que portan na súa parte posterior un círculo, que foi interpretado como o círculo solar; e outra escena na que se aprecia a representación dun animal que leva na súa grupa a un antropomorfo. A mellor hora para acudir a ver estas representacións é ó atardecer, pois as liñas que compoñen os debuxos son moito máis visibles coa luz baixa do crepúsculo.

Dentro da riqueza monumental de Vilagarcía, un apartado moi importante ocúpano os pazos, casas señoriais que combinan a riqueza monumental con outros elementos indicativos de súa vinculación co poder rural: capelas, hórreos, alpendres, viñedos, etc. Concibidos como centros de control das propiedades agrícolas dos señores, os pazos máis antigos presentan construccións defensivas, mentres que os de factura máis recente incorporan elementos ornamentais.

 
 i  Pazo de Vistalegre
 i  Pazo de Golpilleira
 i  Pazo de Rubiáns
 i  Pazo do Rial
 i  Pazo de Pardiñas
 i  Pazo de Sobrán
 i  Pazo de Rúa Nova
 i  Igrexa de Arealonga
 i  Igrexa de Fontecarmoa
 i  Igrexa de Sobrán
 i  Igrexa de San Cristobo
 i  Igrexa de Carril