
É
o monumento románico do século XII máis importante
do municipio e un dos exemplos máis característicos
dese período en Galicia. No interior do templo consérvase
o sepulcro coa estatua xacente de Xoán Mariño de Soutomaior,
do que Vilaxoán tomou o seu nome. A portada combina un rosetón
superior de corte severo, xenuinamente románico, e a portada
inferior, unha ventá de dobre par de columnas con dobre arquivolta.