
De
orixe gótica, a súa traza é renacentista, do
século XVI, con abundancia de elementos barrocos do século
XVII. No muro Sur conserva unha porta oxival. No interior destaca
o retablo, procedente da Catedral de Santiago, e no exterior o fermoso
cruceiro do século XVII, con chanzos e plinto, e varal con
relevos finamente esculpidos. O cruceiro foi descrito por Castelao
na súa famosa obra “As cruces de pedra na Galiza”.