
De
estilo barroco, foi construída no século XVII, sobre
unha antiga capela dunha antigüidade que se descoñece.
Trátase dunha igrexa austera, cunha pequena portada que encerra
unha porta adintelada dentro de pilastras e un frontón partido,
coroado por outro frontón curvo, que acolle unha pequena
furna cunha imaxe en pedra. Ata finais do século XIX estivo
unida ó convento de Vista Alegre por unha ponte sobre as
marismas e que servía tamén de camiño a Cambados.
Nas súas naves laterais destaca a capela do Rosario.