4. PARA COÑECELA
 4 coñecer Vilagarcía
 4 miradoiros
 4 monumentos
 4 parques e xardíns
 4 o porto/paseo marítimo
 4 rutas de sendeirismo
 4 ruta dos pazos
 4 ruta do viño
 4 rutas marítimas
 4 exposicións
 4 festivais
 4 feiras e concursos

 

postal



 

 feiras e concursos

Feira exposición para o desenvolvemento de Galicia, Fexdega.

Pioneira das feiras multisectoriais de Galicia, fundouse no ano 1967. Nos anos 99 e 2000 o certame deixou de celebrarse mentres se traballaba para dotar a Fexdega dunha nova sede no recinto de A Maroma. A feira retomou a actividade no ano 2001 con varias feiras monográficas e a tradicional multisectorial.

Duración da feira multisectorial: Unha semana

Data: Setembro.

Temática: mostra multisectorial (maquinaria industrial e agrícola, vehículos, artesanía, institucións, turismo, mobles, etc.)

Concurso Exposición Internacional da Camelia

O certame de exaltación desta especie floral, identificativa das Rías Baixas, ten lugar rotatoriamente nos municipios de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. A última edición celebrada en Vilagarcía tivo lugar no ano 2003. Por lo tanto, volverá a Vilagarcía en 2006, 2009 e así sucesivamente. A exposición das variedades máis fermosas desta flor e o concurso en diferentes categorías, no que participan floricultores de toda Galicia e en especial das Rías Baixas, celébrase entre os meses de febreiro e marzo.