4. PARA COÑECELA
 4 coñecer Vilagarcía
 4 miradoiros
 4 monumentos
 4 parques e xardíns
 4 o porto/paseo marítimo
 4 rutas de sendeirismo
 4 ruta dos pazos
 4 ruta do viño
 4 rutas marítimas
 4 exposicións
 4 festivais
 4 feiras e concursos

 

postal



 

 exposicións
A natureza e a gastronomía son dúas das expresións artísticas máis evidentes en Vilagarcía. Pero, ademais, os aficionados á arte dispoñen, durante todo o ano, de múltiples ocasións para satisface-lo seu espírito, a través das numerosas exposicións que se organizan en salas de titularidade pública e privada.

Sala Municipal de Exposicións “Antón Rivas Briones”

Este moderno edificio de tres plantas acolle mostras de periodicidade mensual ou quincenal que permiten ós vilagarciáns achegarse a fenómenos culturais de recoñecido valor. Os convenios entre o Concello e diversas institucións culturais posibilitan a chegada a Vilagarcía de mostras punteiras nun recorrido que pon a este municipio á par das principais cidades galegas e españolas.

Dirección. Rúa Alcalde Rey Daviña, número 17.
Teléfono: 986 50 56 61.

Aberto de martes a sábado, de 11 a 13.30 horas e de 19 a 21 horas. Os domingos só polas mañás, no mesmo horario.

Casa da Cultura.

Situada no vestíbulo da biblioteca e o salón de actos municipal, acolle exposicións de artistas menos coñecidos e mostras colectivas. É tamén un escaparate para os traballos de distintas asociacións do municipio.

Aberto de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 21 horas. Os sábados só polas mañás, no mesmo horario.

Dirección. Rúa Alcalde Rey Daviña, número 17.
Teléfono: 986 50 56 61.

Galería Cespón.

Acolle exposicións de pintura e escultura.

Horario: de 9.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.

Dirección: Rúa Alcalde Rey Daviña, número 26.
Teléfono: 986 50 31 36

Estudio Galería-Arcana.

Exposicións de pintura, escultura, obra gráfica e libros de autor.

Horario: de 17.30 a 20.30 horas.

Dirección: Santa Lucía 11, baixo.
Teléfono: 986 50 55 26.