Vilagarcía
ofrece numerosos atractivos que o viaxeiro non debe perderse.
Nuns casos é preciso descubrilos persoalmente, pero noutros
paga a pena recorrer á iniciativa municipal, comarcal ou
privada. A oferta varía e renóvase cada ano, polo
que é aconsellable visita-la oficina de turismo, a fin
de coñece-las últimas propostas.
Para tomar un primeiro contacto con Vilagarcía,
nada mellor que deixarse perder polas súas rúas.
Pero tamén cabe a posibilidade de facelo a vista case de
paxaro, subíndose, para iso, a algún dos seus Miradoiros;
ou seguindo algunha das rutas establecidas (dos viños,
dos pazos, de sendeirismo...) ou incluso dende o mar, abordo de
algún dos catamaráns que surcan a ría, especialmente
no verán.