Unha
vez no lugar de destino e a fin de coñecer tódalas
posibilidades que ofrece o municipio de Vilagarcía é
recomendable realizar unha visita á Oficina de Turismo
Municipal, emprazada no parque do Cavadelo, ou á que depende
da Xunta de Galicia, aberta todo o ano nos baixos do edificio
da Casa da Xuventude (Av. Xoán Carlos I, número
37).
Oficina de Turismo Municipal
- Verán: de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas, de luns
a venres.
- Sábados, domingos e festivos: de 10 a 13 horas e de
17 a 20 horas.
- Tempada de inverno: pechada.
- Teléfono: 986 099 200 Ext. 214.
Oficina de Turismo da Xunta de Galicia
- Inverno: de 9.30 a 14 horas e de 16.00 a 18.00 horas, de
luns a venres
- Verán: de 9.30 a 14 horas e de 16.00 a 20.00 horas,
de luns a venres.
- Sábados, domingos e festivos tamén aberto,
aínda que con horario reducido.
- Teléfono: 986 51 01 44.