2. COMO CHEGAR
 4 por terra
 4 por mar
 4 por aire
 4 oficinas de turismo
 4 onde aparcar

 

postal



 

 onde aparcar

Como consecuencia da política de humanización do casco urbano, algunhas rúas están peatonalizadas e outras, especialmente as máis achegadas ó centro, están afectadas pola denominada “zona azul”, o que implica que o horario do estacionamento está limitado a dúas horas. Con todo, existen aparcamentos públicos e privados que farán máis rápido e cómodo o seu achegamento á cidade.

10. Estación Ferrocarril 6. A Florida 4. Explanada Tir 5. Porto deportivo 1. Parking de Cavadelo 8. Praza de Abastos 9. Hotel Castelao 2. Parking Praza de España 7. Rodrigo de Mendoza 3. Parking Arousa

1. Parking do Cavadelo. Avenida da Mariña, fronte á Alameda. 337 prazas.

2. Parking Praza de España. Praza de España, xunto á Igrexa parroquial. 80 prazas.

3. Parking Arousa. Centro Comercial Arousa, no parque da Xunqueira. 226 prazas.

4. Explanada Tir. Xunto ó porto deportivo e fronte ó parque Miguel Hernández. Ó aire libre, con vixilancia de luns a venres. 220 prazas.

5. Porto deportivo. Ó aire libre, con vixilancia. 140 prazas.

6. A Florida. Xunto á Porta da Luz Salgada, que dá servicio ós supermercados Lidl e Dia. 200 prazas.

7. Rodrigo de Mendoza. Diante do pavillón feiral de Fexdega. Libre sen vixilancia. 200 prazas.

8. Praza de Abastos. Xunto á praza do peixe. Libre sen vixilancia. 40 prazas.

9. Hotel Castelao.

10. Estación Ferrocarril.

Zona azul: Para a utilización destas prazas de aparcamento é necesario contar cun disco horario que está a venda en quioscos e estancos.