Centro:
Un local agradable, sobriamente decorado, para tomar un café
ou un refresco. A súa terraza, que funciona case todo o ano,
é un dos seus maiores atractivos.
Vilagarcía: Cafetería de decoración
sinxela e actual, ten unha terraza para as catro estacións.
En verán, a súa especialidade son os xeados e os
granizados.
Xose’s: Decoración moderna e boa
terraza neste bar-cafetería de ambiente familiar que tamén
serve pratos combinados, sándwichs e outras especialidades
de comida rápida.