Di San Remo:
Establecemento pertencente a unha cadea nacional que combina os
servicios de cafetería e restauración. A carta inclúe
pizzas, xeados, hamburguesas, sándwichs, tapas e pratos combinados.
República:
Espacioso local, decorado con motivos alusivos á segunda
república española e que conta tamén con
terraza. Ten unha ampla carta de tes e cafés e varias bandexas
de almorzo.
España:
Situada nun inmoble de estilo modernista, esta cafetería
soubo mante-lo ambiente e decoración dos bares de antano
pese a unha recente reforma. En verán organiza veladas
dedicadas a distintos cócteles e combinados.
La Marina:
Coqueta cafetería de día, pub tranquilo de noite,
é un dos locais máis veteranos de Vilagarcía
onde se pode xogar ó xadrez e ás cartas, tomar unha
copa ou charlar cos amigos, todo nun mesmo ambiente.
Café das áncoras:
Café íntimo e acolledor, instalado nunha casiña
de dous pisos rehabilitada. Ten tés e cafés internacionais,
combinados con outras bebidas e menús de almorzos e merendas.