10. A NOITE
 4 a noite en Vilagarcía
 4 porto deportivo
 4 avenida da Mariña
 4 Alameda/Méndez Núñez
 4 a Baldosa
 4 o Castro
 4 cafeterías
 4 pubs e bares de copas
 4 discotecas

 

postal



 

 pubs e bares de copas: Zona Méndez Núñez

Cova Arauca:
Local de decoración ecléctica, na que o elemento máis destacado son os grandes troncos de eucalipto que serven de mesas altas tanto no interior coma na terraza. Música agradable e clientela heteroxénea.

O Recanto do Irlandés:
Típico pub das illas británicas rexido por un irlandés e decorado con obxectos deste país. Tranquilo pola semana, os venres e sábados a afluencia de público increméntase notablemente.

Sold out:
Pub de decoración moi coidada: mobles, carteis, neveiras e incluso baños trasládanos a Estados Unidos nos anos 50. Dende media tarde funciona como cafetería e as fins de semana transfórmase nun animado disco-pub.

La Bolsa:
Pequeno e agradable local que funciona coma pub polas noites e coma cafetería polas tardes.É o lugar elixido por moitos mozos de entre 20 e 30 anos para toma-la primeira copa.

Coco:
Pub agradable e pequeniño, visitado sobre todo por maiores de trinta anos. Aquí poderás sentar e facer un pequeño descanso no medio dunha noite axetreada.

 

 
 i  Zona da Mariña
 i  Castro/Arcebispo Lago
 i  Zona Méndez Núñez
 i  Moreira Casal/Concha
 i  Porto deportivo