Gaël:
A súa especialidade son as cervexas nacionais e de importación.
É un local de dúas plantas, amplo e ben decorado e
con varios espacios diferenciados. Funciona durante toda a semana
tamén como cafetería.
Musaraña:
Un clásico renovado que segue triunfando na noite. A clientela
é heteroxénea e de case tódalas idades. Ten
espacio suficiente para poder bailar e pon a música indicada
para facelo.
Media Noche:
Este amplo establecemento é cafetería pola tarde e
pub polas noites e as fins de semana. Conta cunha zona de cafetería
e unha pista ó fondo do local para moverse ó ritmo
da música, bailable e comercial.