O
cae-la tarde, tras un día de calor, vilagarciáns
e visitantes prepáranse para disfrutar do fresco da noite.
En verán, a cerimonia repítese tódolos días:
o primeiro momento é para “os viños”,
para logo pasar ós pubs e rematar, se as nosas obrigas
nolo permiten, nalgún bar de copas. Vilagarcía ofrece
un ambiente animado e diversificado, pero sen masificacións.
Unha única recomendación para os turistas: ¡non
esquezan a chaqueta!
En inverno, a animación concéntrase nas noites
dos venres e sobre todo, dos sábados, aínda que
calquera día da semana atopará un pub aberto onde
prolongar a festa ata unha hora razoable.