Pórticos:
Pub-cafetería de ambiente moi tranquilo e decoración
sinxela, no que periodicamente se organizan exposicións
de xoves artistas. Para xente con trinta anos que queira pasar
unha noite de tertulia entre amigos.
La fábrica:
Pub, cafetería e coctelería de inspiración
tropical son os tres ambientes que conviven neste establecemento,
amplo e recentemente redecorado, que ocupa as dúas plantas
dun antigo hostal do Castro.
El siete:
Pequeno local na ruta alternativa. Pub discreto para charlar en
compañía de amigos, a selección musical escapa
dos éxitos comerciais e aposta por valores seguros.
Musgo:
Establecemento que inaugura un novo estilo de hostalaría
en Vilagarcía: é restaurante pero tamén bar,
café-teatro, cabaré.... Para acompaña-la
cea con espectáculos en directo ou boa música.
Neptuno:
Local asentado nunha vella caseta, moi preto da praza do Castro.
A selección musical varía segundo avanza a noite
e vai aumentando a idade dos clientes.
VIP:
É o lugar perfecto para visitar antes de que remate a noite
. Malia os cambios de propietario, segue a marcar estilo na noite
vilagarciá.