A zona de ocio do porto deportivo preséntase como unha
das áreas con máis futuro da cidade. De momento
xa abriron as súas portas dous disco-pubs, dous pubs, una
cervexería e un mesón, estando previsto que a oferta
se amplíe en breve con novos establecementos. A súa
excelente localización –entre o porto deportivo e
o maior parque da cidade- a uns centenares de metros do centro
urbano, fai desta área un dos espacios máis atractivos
para o ocio tanto diúrno coma nocturno.