Maty:
Público moi novo dáse cita nas tardes dos venres,
sábados e domingos nesta discoteca, situada cerca da estación
de ferrocarril. Para os que se inician no ambiente nocturno.
Boss:
Local onde xoves e non tanto apuran as súas últimas
enerxías a altas horas da madrugada. Dentro, música
para bailar nas dúas pistas. Fora, un xardín para
quen prefira algo máis relaxado.
La finca:
Unha casa solariega situada entre Vilagarcía e Vilaxoán
acolle este establecemento de oferta múltiple. Conta con
sala de karaoke e dúas pistas de baile para os aficionados
ós ritmos caribeños.