Estas dúas rúas paralelas e as máis pequenas
que as cruzan conforman un espacio peonil vivo gracias á
actividade hostaleira. Nesta zona existen numerosos bares de viños,
pero tamén cafeterías, pubs e incluso algún
restaurante, o que contribúe a facer desta parte da cidade
unha das de máis variada oferta. Son rúas con terraza
para ver e ser visto, un escaparate para coñecer xente
e un lugar seguro para encontrarse cos amigos.