A noite en Vilagarcía ten unha oferta
para cada idade e case, case un local para cada estilo. As rúas
peonais próximas á Baldosa e á Alameda e
o barrio do Castro destacan pola concentración da oferta
hostaleira. Pero case en cada rúa e en cada praza pódese
encontrar un bar ou cafetería que merece a pena visitar,
sen esquecer, por suposto, os locais con encanto do Carril e Vilaxoán.