É o centro da vida social de Vilagarcía e a zona
de viños e terrazas máis antiga. Foi unha das primeiras
rúas peonais do municipio e isto facilitou a instalación
de bares e cafeterías. A zona é unha das favoritas
das parellas e matrimonios con nenos. Paga a pena fixarse no pavimento,
no que se intercalan cada poucos metros mosaicos firmados por
artistas da comarca.